Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Octubre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Xornada festiva intensa en Ribocias

    Caldas de Reis - Ribocias 2010 - cartelDúas orquestras para unha intensa xornada de festa en Ribocias - San Clemente, no concello de Caldas de Reis

    No lugar de Ribocias, en San Clemente, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, están hoxe de festas. E só hoxe por que a xornada é única con dúas formacións como CHICAS SHOW e a orquestra rianxeira GRAN PARADA. Para que a festa saia perfecta o campo estará acondicionado cunha carpa climatizada, dado que as temperaturas pola noite xa empezan a ser frescas.

    En Ribocias non queren faltar á cita festiva onde honran a Virxe de Fátima e para iso contarán coa actuación dobre ata altas horas da madrugada. Non é para menos, unha única noite de festa, pero intensa, e hai que aproveitala.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook