Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Éxito da Festa do cocido do Burgo

    Orquesta París de Noia 2011 - 005 - Abanqueiro (Boiro)A orquestra París de Noia foi a primeira en ofrecer o seu espectáculo na festa gastronómica celebrada no paseo marítimo do Burgo (Culleredo) / © Foto: roxegar 2011

    A semana pasada dábamos conta do nacemento dunha nova festa, e a xulgar polo resultado o ano que vén volveremos a falar dela, porque a I Festa do cocido do Burgo resultou todo un éxito.

    A organización fala de 30.000 persoas asistentes a unha festa que nacía cun impresionante cartel: PARÍS DE NOIA, OLYMPUS, PHILADELPHIA, SUSANA SEIVANE, COSTA OESTE, ACHÉ e o cantautor HUGO TORREIRO foron pasando durante cinco días de celebración.

    A proposta gastronómica nacía da man dunha empresa privada (non do Concello de Culleredo) que pensa facer da festa unha cita obrigada para os amantes da gastronomía e da boa música e o espectáculo. Ademais, desde o Concello indican que esta nova festa implicou que as arcas municipais aforrasen máis de 6.000 euros en contratar grupos musicais e pequenas orquestras para amenizar o Entroido, xa que as verbenas se concentraron no paseo marítimo do Burgo coa excepción de Veiga, onde actuou na romaría a orquestra XENTE NOVA.

    Así que para o ano que vén, se non hai novidade, nova edición da Festa do Cocido do Burgo, con ganas de afianzarse como cita obrigada na área metropolitana coruñesa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook