Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Xa quixéramos, pero vai ser que non

    París de Noia - 2010 - 019 - Aguiño (Ribeira)O ex trompetista de París de Noia, Wilson Ortega, apareceu nunha actuación coa orquestra Montes pero trátase só dunha aparición puntual que se poderá repetir algunha vez máis / © Fotografía: roxegar 2010

    Algunha xente pregunta nos foros de orquestras e festas se o carismático trompetista da orquestra PARÍS DE NOIA, Wilson Ortega, volveu ao mundo da verbena, pois facía acto de presenza nunha festa de presentación da orquestra naronesa MONTES para sorpresa dos asistentes. Por desgraza para os que gozábamos co seu traballo, trátase só dunha aparición puntual, pois MONTES aínda non ten músico fixo para o posto. Estas aparicións esporádicas poderanse repetir cando o músico realice algunha substitución dalgún compañeiro músico, pero nada máis, vai ser que non, non está nos plans de Wilson volver ao mundo da verbena.

    Pero ninguén mellor ca el para explicalo, o músico e docente enviaba a Festa a Festa a seguinte mensaxe que reproducimos íntegra. Desde aquí desexarlle toda a sorte do mundo nos proxectos actuais e naqueles que emprenda no futuro. E se hai que conformarse con velo de cando en vez nalgunha verbena, menos é nada.

    Orquesta París de Noia 2011 - 005 - Abanqueiro (Boiro)Wilson Ortega (atrás con lentes) con algúns dos seus compañeiros de París de Noia na que foi a última temporada na orquestra e na verbena  / © Fotografía: roxegar 2011

    WILSON ORTEGA:

    Hola a tod@s! Aprovecho la oportunidad para enviarles un fuerte saludo a tod@s l@s seguidoras/es de la gran verbena gallega y felicitar a espacios como este tan necesarios para músicos y público. Hace unos días vengo recibiendo preguntas respecto a si he regresado a la verbena y la respuesta es NO. He realizado un par de actuaciones con mis compañeros y grandes músicos de la Orquesta Montes, pero sólo eso, un par de actuaciones (y quizás realice alguna más) dado que de momento no tienen trompetista fijo. Como muchos sabrán, estoy inmerso en otros proyectos (entre ellos la docencia y como músico de grabación ) y aunque guardo con muchísimo cariño mi paso por el mundo de la verbena no está en mis planes regresar a ella. No es de extrañar sin embargo que quizás en «algún momento» del verano me vean sustituyendo puntualmente a algún colega trompetista, mas solo será eso. Un Abrazo a tod@s y mil gracias por todo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook