Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Viño e festa en Barro

    barro-2010-festa-do-vino-cartelNova edición da Festa do Viño en Barro (Pontevedra)

    Por pouco pero hai festa. A crise e o custo para organizar unha celebración destas características lanzou un rumor de que o Concello ía suprimir a edición deste ano; pero ao final hai festa do viño en Barro. Xunto coa outra festa do viño deste mes (a de Barrantes - Ribadumia), son as máis senlleiras da provincia de Pontevedra.

    A falta de coñecer a orquestra que actuará o domingo, o venres e mais o sábado a festa está asegurada con catro orquestras ben coñecidas e con estilos moi marcados. En Barro, un ano máis, xa está aquí unha nova edición da Festa do Viño, como debe ser.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook