Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Viaxe cara ao ceo con Ciclón 2013

    Grupo Ciclón 2013 - cartel presentación xiraO próximo venres 1 de marzo comeza a nova temporada do grupo compostelán Ciclón, cargada de novidades, música e diversión

    CelesTial Tour 2013, esta é a nova proposta festeira do afamado grupo CICLÓN desde Santiago de Compostela. Importantes novidades de cara a afianzar aínda máis o proxecto verbeneiro da banda liderada por Noelia García e Kiko Melio. As máis importantes responden a cubrir as tres baixas que se deron respecto do ano pasado, unha delas na dianteira.

    Así serán Cibrán Insua, Pablo Souto e Linos Mateos as novas incorporacións ao grupo que na pasada temporada pasou de 8 a 10 compoñentes no escenario. Cibrán Insua, voz carismática do desaparecido grupo MASTER BAND, acompañará a Jako Singer, Noelia García e Kristie Jiménez na dianteira da banda. Pablo Souto ocupará o segundo posto de teclista, que se creara a temporada pasada, e Linos Mateos entra como guitarrista.

    Outra novidade é, de novo, a ampliación de escenario e a estrea da montaxe que estará relacionada co título da xira e que se presentará máis adiante. Desde a dirección do grupo anuncian próximas sorpresas e unha proposta festeira que promete diversión ao máximo como, por outro lado, nos teñen acostumados os amigos de CICLÓN todos estes anos.

    O próximo venres comeza o novo mes e tamén a nova temporada de CICLÓN. Será na discoteca Soco de Vimianzo e alí principiará unha nova etapa do grupo, chea de diversión, música e noites para gozar dun completo repertorio festeiro. CICLÓN xa está aqui, faltan horas para que comece unha proposta que pretende levarnos ao ceo.

    CelesTial Tour 2013 con CICLÓN a partir do próximo venres. Vai collendo o teu sitio.

    ACTUACIÓNS PREVISTAS DO GRUPO CICLÓN

    MARZO 2013

    01. DISCOTECA SOCO – VIMIANZO – A CORUÑA (00:30 H) 02. S.F. LA REINA – SANGUIÑEDA – MOS – PONTEVEDRA (23:00 H) 09. ARZÚA – A CORUÑA (00:00 H) 15. TEIXEIRO – CURTIS – A CORUÑA (22:30 H) 16. CAZALLAS – MELIDE – A CORUÑA (23:00 H) 22. ABELLA – FRADES – A CORUÑA (22:30 H) 23. S.F. JOSFER – MESON DO VENTO – A CORUÑA (23:00 H) 24. AIAZO – FRADES – A CORUÑA (18:00 H - con París de Noia) 28. AÑA – FRADES – A CORUÑA (23:00 H) 30. FISTERRA – A CORUÑA (22:00 H - con Miramar)

    Para manterse informad@ de todas as novidades do grupo CICLÓN: www.grupociclon.net www.facebook.com/ciclongrupo www.twitter.com/ciclongrupo www.youtube.com/ciclongrupo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook