Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Vegalsa-Eroski sortea 1200 entradas para o Festival Brincadeira 2014

    Santiago de Compostela 2014 - Festival Brincadeira - cartel

    O Festival Brincadeira 2014 será unha realidade en semanas. Aquela cita de varios anos en Ordes que xa parecía consolidada deu un xiro de 360º cando o concello decidiu prescindir de celebrar eventos festivos fóra das festas patronais e as de cada parroquia, e así o festival citado ou a Gala contra o Cancro da orquestra PANORAMA tiveron que cambiar de localización. O Brincadeira pasou a celebrarse en Cambre, en datas pegadas ás patronais (agosto), unha cita polémica en canto aos cartos que custou organizala.

    Despois dunha temporada na que non houbo festival, o Brincadeira volve, oxalá que para quedar, e terá lugar os días 7, 8 e 9 de agosto no Monte do Gozo de Santiago de Compostela, baixo o patrocinio de Estrella Galicia e a empresa de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski.

    Esta última sortea 1200 entradas en todos os seus supermercados de Galicia das enseñas Eroski/center e Familia ata o sábado 25 para unha cita de tres días na que participarán máis de 55 grupos en tres espazos diferentes e onde haberá un cuarto denominado Brincadeira Show para representacións teatrais, performances e diferentes shows. Máis información sobre o sorteo de entradas nos supermercados de Vegalsa-Eroski.

    Máis información sobre as entradas: FESTIVAL BRINCADEIRA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook