Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Variedade musical e gastronómica nas festas de Santa Cruz

    Oleiros 2012 - Festas de Santa Cruz - cartel En Santa Cruz, Oleiros, están moi afeitos á variedade musical e gastronómica nas súas festas. Porque se variado é o cartel para as verbenas durante todos estes días de festa, con grupos de estilo moderno como D'MODA, variedade de repertorio como a orquestra CANADÁ, música moi bailable como BAMBÚ, ALASKA ou ISMAEL, o traballo musical da eurovisiva LUCÍA PÉREZ, e a música electrónica de dous DJ como MANU e MARCOS MAGÁN. Non menos variado se presenta o cartel gastronómico, pois a festa do chourizo e da cascarilla, unha sardiñada, unha churrascada e un día dedicado ao polbo converten a localidade oleirense na raíña das festas durante estes cinco días. O martes, cunha sesión de fogos de artificio e a actuación da orquestra ISMAEL e do DJ MARCOS MAGÁN poñerán o punto final a esta variada cita gastronómica e festiva.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook