Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Variedade de estilos na III Gala contra o cancro da orquestra Panorama

    Orquesta PanoramaImaxe do comezo da I Gala contra o cancro, no ano 2008 en Cambados / © Fotografía roxegar 2008

    Xa estamos en disposición de dar a coñecer os nomes dos artistas e grupos que acompañarán á orquestra PANORAMA na III Gala contra o cancro que terá lugar en Ordes o venres 30 de abril.

    A partir das 23:00 horas pasarán polo escenario da orquestra caldense ISABEL PANTOJA, SERGIO DALMA, CARLOS BAUTE, KATE RYAN, SORAYA, SEGURIDAD SOCIAL, MELOCOS, TAMARA, JUAN MAGÁN e SANTA FE. A esta listaxe de artistas hai que sumar, como xa se anunciou hai meses, a actuación de DIANA CEA, ex vocalista da banda, interpretando o tema Europa de Mónica Naranjo.

    A entrada é, como nas dúas anteriores edicións, gratuíta, e para recadar fondos para a causa pola que se organiza, a orquestra poñerá á venda o seu novo traballo discográfico. Os beneficios da venda do CD irán parar á AECC. No novo disco de PANORAMA inclúese unha versión discotequeira de Cómo está el panorama, éxito da temporada 2009, e o novo tema propio da orquestra, tamén moi bailongo, Dale al boom, boom. Os traballos de gravación do CD aínda se remataron a semana pasada entre ensaios, actuacións e outros asuntos.

    Hoxe xoves a orquestra actúa en Asturias e afronta unha secuencia de catro actuacións seguidas antes de poñerse a vindeira semana cos ensaios xerais da gala de Ordes.

    En canto ás medidas que o Concello establecerá para o bo funcionamento do evento, podemos salientar o reforzo das forzas de seguridade, o aumento a cinco cabinas nas peaxes da autoestrada ou un servizo de autobuses desde Santiago, A Coruña e a estación do tren ordense ata as inmediacións da explanada de Campo da Feira, na zona da discoteca e dos pubs.

    Orquesta Panorama 2009 0003 - II Gala Panorama contra o cancro.JPGImaxe do comezo da II Gala contra o cancro, no ano 2009 en Ordes / © Fotografía roxegar 2009

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook