Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Septiembre
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Vanesa Ramil, baixa na orquestra Panamá

    París de Noia 2011 - 004 - Abanqueiro (Boiro)A coñecida vocalista da orquestra PANAMÁ, Vanesa Ramil, é baixa nesta formación de cara á próxima temporada, e non só para esta formación, xa que por problemas de saúde deixará temporalmente os escenarios.

    Así o comunicou a artista no seu muro de Facebook. Un xeonllo que xa lle deu a lata ultimamente precisa ser operado, polo que durante unha longa etapa non poderemos gozar da voz e bo facer de Vanesa en ningún escenario de orquestra.

    A cantante, que pasou polo grupo CHASTON, é coñecida sobre todo pola súa etapa na orquestra MONTES de Narón así como na PARÍS DE NOIA. Estivo na orquestra PANAMÁ estas dúas últimas temporadas, e agora toca facer unha pausa un pouco longa para retomar máis adiante o seu traballo.

    Desde Festa a Festa desexámoslle unha pronta recuperación e unha volta aos escenarios por todo o alto.

    Orquesta París de Noia 2011 - 012 - Abanqueiro (Boiro)Fotos de Vanesa Ramil en 2011 no seu paso pola orquestra París de Noia

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook