Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Uxío Mayo: Diario dun currante

    Grupo Ciclón - 2010 - 061Uxío Mayo nunha actuación co grupo Ciclón /© Foto: roxegar 2010

    O nome de UXÍO MAYO é de sobra coñecido na verbena galega. O que fora unha das voces do grupo compostelán CICLÓN desde o seu nacemento hai xa seis temporadas toma novos rumbos. Neste tempo de cambios na maioría de orquestras e grupos de verbena tamén lle toca a CICLÓN 2012 que, como sabemos, medra para chegar aos 10 compoñentes no escenario e presenta seis novas caras nas súas filas.

    Pero o adeus de Uxío do grupo que o fixo grande na verbena galega non implica para nada que non poidamos seguir gozando da súa forza no escenario e dos temas que case en exclusiva interpretaba no segundo pase das festas. Porque á súa faceta como roqueiro, actuando coa súa propia banda e presentando o seu disco Diario de un fetichista, hai que seguir sumándolle a súa outra faceta como cantante e músico de verbena.

    Aínda que só será ata o mes de abril, a Uxío poderémolo ver formando parte dun novo dúo musical: A CHAVE. Acompañado doutra coñecidísima cantante da verbena galega, ANA BELÉN IGLESIAS, a que fora voz durante anos da orquestra COMPOSTELA, os dous artistas ofrecen o seu traballo conxunto para todo tipo de festas e celebracións.

    Pero o cambio máis importante do músico producirase precisamente no próximo mes de abril, data na que comeza a andar a nova e renovada orquestra CANADÁ na que UXÍO MAYO formará parte da dianteira como cantante e presentador, xunto con ROCÍO FOUZ, SAMUEL GUEDES e PATRICIA IGLESIAS (que, curiosamente, compartiu dianteira na COMPOSTELA con ANA IGLESIAS).

    A chegada de UXÍO MAYO á orquestra CANADÁ de seguro que producirá certo cambio no repertorio da formación musical, que esta temporada cumprirá o seu segundo ano e que se caracterizou en 2011 por presentar un repertorio para todos os públicos con temas de sempre pero tamén éxitos de máxima actualidade. Unha orquestra que presentará novo repertorio a partir de abril e na que o seu lema NADA SERÁ IGUAL, cobra aínda máis significado coa incorporación do ex ciclónico. O repertorio de CANADÁ 2012 pasará a ser, se cabe, máis completo do que nos teñen acostumados.

    Pero o Uxío verbeneiro deixaralle espazo vital ao Uxío roqueiro porque, en palabras do propio artista: "Imos facer todos os concertos que poidamos e estar en todos os festivais e salas posibles. Novos tempos, novos malabarismos musicais e vitais".

    Dúo A Chave 2012 - cartel

    Ata o próximo mes de abril Uxío Mayo e Ana Iglesias forman o dúo A Chave

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook