Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unhas festas de dez

    Melide 2012 - Festas patronais de San Roque - cartel Non só por seren 10 días de celebración con música verbeneira senón porque o cartel de Melide é un dos máis completos e extensos do mes de agosto das festas en Galicia.

    Claro que se o Concello ten a axuda dos hosteleiros melidenses que organizan dous días de celebracións e a do importante grupo empresarial Palladium que sufraga o último día de festexos a cousa cambia. Pero o caso é que co esforzo dos organizadores e dos empresarios e hosteleiros o cartel de Melide é envexable e moi completo en canto aos estilos musicais ofrecidos.

    Porque os primeiros músicos en saír a actuar no San Roque de Melide levaron o pasado sábado o estilo 100% Dire Straits. A banda coruñesa BROTHER'S IN BAND ofreceron un concorrido concerto tributo a unha das bandas máis importantes do panorama musical mundial.

    A partir de aí a procesión de orquestras e grupos verbeneiros lévase a cabo durante toda a semana, e por suposto, a ORQUESTRA SINFÓNICA DE MELIDE reina nas festas por un día, como xa vén sendo habitual. Tamén hai que destacar os tres días de Feira Medieval.

    En canto ás orquestras e grupos que pasarán por Melide durante toda a semana destacan CICLÓN (que estará actuando á mesma hora que elaboramos esta entrada), TRIUNFO (martes), FANIA BLANCO SHOW e ISMAEL (xoves -chama a atención que o día 15 non haxa verbena pero hai que lembrar que o día grande en Melide é o de San Roque-) GRAN PARADA e CAMELA en concerto (o venres), SINTONÍA DE VIGO e FILADELFIA (sábado) e ACHÉ e ARMONÍA SHOW o domingo.

    E por se fose pouco, un dos grupos empresariais máis importantes da zona sufraga o gasto do último día, luns, no que actuará a orquestra PANORAMA presentando en Melide o seu espectáculo MAGIC TOUR 2012, La gira del Sol e poñendo o broche final a unhas festas grandes en extensión (máis dunha semana) e en programación.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook