Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha tortilla como a das nosas nais pero a tamaño xigante

    Elaboración da tortilla xigante de Carcacía. Foto: El Correo Gallego

    Con produtos de primeira calidade, o esmero dos cociñeiros e boa música de verbena pódese facer unha boa cita gastronómica. É o caso de Carcacía (Padrón) que celebra un ano máis a súa Festa da Tortilla Xigante. En terras padronesas, despois da Pascua seguen outras celebracións ben asentadas no calendario festeiro, como é o caso.

    Coincidindo coa xornada das Letras Galegas, en Carcacía desde primeira hora xa estarán postos mans á obra para que todo saia a pedir de boca, e nunca mellor dito, porque xa ás 09:00 horas comezará a preparación da tortilla xigante. A música acompañará durante toda a xornada con gaiteiros e charangas ademais da xa tradicional sesión vermú e verbena, que este ano estarán amenizadas polo dúo NUEVA ESTRELLA e a orquestra NEVADA.

    Xa ás 13:00 horas será o momento de darlle a volta á tortilla, para o que se ten que utilizar un guindastre de grandes dimensións.

    Para a elaboración da tortilla xigante de Carcacía empregaranse 15o quilos de patacas, 350 litros de aceite, 80 quilos de sal e unha cantidade de ovos importante (entre 6.000 e 8.000 ovos) doada polos veciños.

    A visita a Carcacía, a só 2 kms do centro urbano de Padrón, pode ser unha boa elección para o Día das Letras Galegas.

    GALERÍA DE FOTOS. FESTA DA TORTILLA XIGANTE (El Correo Gellego)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook