Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha primavera de primeira

    festa-primavera151

    Esta noite de xoves santo, Festa da Primavera, no Val da Barcala, Negreira

    No Val da Barcala, Negreira, esta noite celebran a Festa da Primavera. E para a ocasión cóntase coa actuación de dúas orquestras de primeira liña: PARÍS DE NOIA e ACHÉ.

    En canto á primeira, ofrece un repertorio moi completo, con música de todos os estilos (cumbia, pasodobre, salsa, merengue, copla, rock, pop, música dance e incluso temas referentes a distintos musicais e que xa foron tocados pola orquestra no seu momento). Novo escenario e nova montaxe para un espectáculo que non deixa a ninguén indiferente.

    ACHÉ tamén presenta novidades, sobre todo no repertorio, máis actualizado e moi cañeiro. O primeiro pase é moi completo, para todos os públicos, e o segundo pase está dedicado á xente nova pero con todos os estilos de música máis actual.

    Unha noite garantida de festa de primeira categoría, no Val da Barcala, en terras nicrarienses, a partir das 23.00 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook