Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha peña barcelonista de nivel

    20100219 Panorama Presentación Xira do Xacobeo 2010 - 36Cartel da Xira do Xacobeo asinado polos membros da orquestra Panorama / © foto roxegar 2010

    Hoxe día 15 hai festa en Valga (Pontevedra). Non mires no calendario a que se debe a celebración porque non vén. Non son as patronais, nin é unha festa gastronómica nin tampouco se organiza a Festa da Xuventude. A gran verbena programada está organizada pola peña barcelonista A BELLA OTERO para celebrar o seu II aniversario, e para o evento xunta a dúas orquestras das "grandes": COSTA OESTE e PANORAMA.

    A xulgar polas orquestras que conseguiron contratar, os peñistas da BELLA OTERO toman en serio a organización dunhas festas de nivel. Xa o primeiro aniversario da peña resultou ser un auténtico éxito. Razóns non lles faltan tendo en conta o bo ano que está acadando o FC Barcelona nas diferentes competicións. Pero para nós o caso é que haxa escusas para acudir a unha festa e hoxe en Valga haina. COSTA OESTE e PANORAMA volveranse ver as caras en Boiro o próximo sábado xunto con OLYMPUS pero dentro dunhas horas, non moi lonxe do Barbanza, podes velas nun ambiente moi festeiro e deportivo. A cita será ás 22:00 horas no parque Dios Mosquera. Que haxa boa festa!

    Javi Comesaña - Costa Oeste

    Javier Comesaña, voz principal da orquestra Costa Oeste / © foto roxegar 2008

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook