Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha orquestra de Futuro

    Futuro 2012 - orquesta - cartelVistoso e orixinal cartel para a nova temporada da orquestra Futuro

    Ata a pasada temporada 2011 non era moi coñecido entre os festeiros o nome de FUTURO, é máis, quizais fóra de Galicia si podía soar este nome grazas ao duro traballo que ofreceron en festas por toda a zona da comunidade de Castela León principalmente. Pero FUTURO é unha formación musical galega, e como tal, quere facerse un oco nas nosas festas. E se o ano pasado despegaron en Galicia, este pode ser o ano da consolidación.

    FUTURO é un grupo de sete compoñentes que enfoca o seu traballo directamente ao baile, cun primeiro pase case exclusivamente dedicado a este tipo de música (cumbia, merengue, pasodoble), pero no que tamén ten cabida a música moderna e de máxima actualidade que vai no segundo pase. Para rematar, FUTURO ofrece unha sesión de música contundente, cun impresionante pase de pop/rock, e sempre tendo en conta o tipo de público asistente á festa.

    En canto ao plantel de músicos e voces, aos que continúan, Diego (multiinstrumentista e voz; toca guitarra, baixo, batería e teclados), Miguel Ángel (baixo, gaita e coros), Sheila (teclados), Andros (voz pero tamén músico; toca batería e teclados) e Borja (voz), hai que sumar as novas incorporacións de Héctor (batería) e Noemi (voz).

    Un nome moi a ter en conta para esta temporada, a orquestra FUTURO despega...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook