Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha imaxe para lembrar

    Foliada 2000 - orquesta - cartelImaxe da orquestra Foliada no ano 2000

    A orquestra FOLIADA nacía en 1980 na Coruña. Desde aquela moitos foron os que pasaron polas súas filas, ou non tantos se o comparamos co ir e vir en moitas orquestras estes últimos anos. Hoxe ofrecemos unha imaxe que nos cede amablemente a dirección da formación musical. Trátase do cartel que lucía a FOLIADA do ano 2000. Van alá once anos.

    Destacamos entre os compoñentes a catro profesionais. Marga (voz de FOLIADA durante varios anos, hoxe retirada do mundo das orquestras), Frank (trombón e baixo, que continúa en FOLIADA) -de negro no centro da imaxe-) e dous músicos que seguen en activo e en primeira liña; os trompetistas Noelio (COSTA OESTE) e Wilson (PARÍS DE NOIA) -primeiro e terceiro empezando por arriba-.

    De cando en vez non está mal volver a vista ao pasado.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook