Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha festa diferente

    Abegondo 2012 - Festa cabalar - cartelEn Abegondo, despois da primeira gran cita festeira que tivo lugar hai dúas semanas, a Festa da Xuventude que congregou a milleiros de persoas coa música e o espectáculo das orquestras ACHÉ e PANORAMA, chega agora a segunda cita festeira; pero desta vez é diferente.

    A Festa Cabalar de Abegondo ten como atractivo principal o mundo dos cabalos, e aínda que haberá unha festa andaluza e música dun grupo rocieiro durante todo o día, non se programa ningunha verbena nesta ocasión. A exhibición e salto e doma libre é o principal evento (pola tarde a partir das 16.30). Tamén haberá outras actividades e estará instalada, como de costume, a típica pulpeira no recinto festeiro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook