Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha Festa da Xuventude especial

    París de Noia 2012 - orquesta - cartelAs orquestras Aché, Olympus e París de Noia (orde de actuación) amenizarán esta noite a Festa da Xuventude do Val

    No Val (Agolada) está todo listo para a sétima edición da Festa da Xuventude (16 de maio). Pero esta iniciativa está máis encamiñada á mocidade dos lugares próximos quie aos do propio sitio, pois é un lugar moi pouco habitado. Iso non significa que a festa sexa pouco lucida e con pouca presenza de festeiros; moi ao contrario, a cita no Val congrega cada ano a máis xente ata xuntar milleiros de persoas.

    Desta vez serán as orquestras ACHÉ, OLYMPUS e PARÍS DE NOIA as encargadas de amenizar a cita festeira coa mocidade do Val. Será ademais esta a orde de actuación a partir das 23.00 horas, e como xa é habitual haberá un servizo de autobuses con dúas liñas. Xa no campo da festa, como xa é costume tamén, polbo, churrasco e empanada para termar do corpo ante tanto bailoteo. Un ano máis, a Festa da Xuventude do Val brilla con luz propia.

    LIÑAS DE AUTOBUSES

    LIÑA 1: Rodeiro (pub Bruxas) - Lalín (Gadis Híper) - Silleda (bar Toxa) - Vila de Cruces (praza do Concello) - Val.

    LIÑA 2: Melide (discoteca Palladium) - Palas de Rei (praza do Concello) - Monterroso (restaurante Arxiz) - Antas de Ulla (Farelo) - Agolada (pub Latino) - Val.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook