Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha cita gastronómica ineludible en terras ribeirenses

    Ribeira 2014 - Festa do Percebe de Aguiño - cartel

    A FESTA DO PERCEBE DE AGUIÑO AMPLÍASE A  DOUS DÍAS PARA INCENTIVAR O CONCELLO COMO DESTINO TURÍSTICO NO TRAMO FINAL DE XULLO

    A INVESTIDURA DE TRES PERCEBEIROS DE HONRA, A CELEBRACIÓN DUN PREGÓN, UNHA POXA E O MONUMENTO ÁS REDEIRAS, OUTRAS NOVIDADES DESTA CONVOCATORIA

    A XVIII Feira do Percebe de Aguiño desenvolverase nos días 26 e 27 de xullo con múltiples e importantes novidades con respecto a anteriores convocatorias. Os edís de Cultura e Turismo, Elvira Pisos e Anxo Orellán, presentaron hoxe algúns dos rasgos máis salientables desta edición da que é “a mellor festa do percebe do mundo” en palabras deste último concelleiro.

    Elvira Pisos recordou que o Concello asumiu a organización do certame o pasado ano na certeza de que era un atractivo turístico que non de debía deixar perder. “A pesar do pouco tempo, penso que conseguimos ofrecer un evento á altura das expectativas”.

    Unha das principais novidades deste ano é a ampliación a dous días da celebración, co obxecto de incentivar que visitantes potenciais procedentes doutras localidades se animen a pernoctar no municipio coas vantaxes que isto conleva á oferta turística e de aloxamentos do noso contorno.

    Con tal motivo, a apertura do recinto da festa está previsto para as 20.30 horas do sábado cunha tapería na que degustar produtos típicos da ría distintos ao percebe, como polbo, empanada ou croquetas, ademais de todo tipo de bebidas. O tramo fial do sábado estará amenizado cunha orquestra e tamén haberá actividades infantís para os máis pequenos.

    Ademais, a cita do sábado contará con dous momentos importantes. De un lado, a inauguración dun moumento ás redeiras ás 21 horas e, acto seguido, a investidura como percebeiros de honra da Confraría de Aguiño –“artífice e impulsora desta festa”, a conselleira do Mar, Rosa Quintana; e o profesor Domènec Biosca, Medalla ao Mérito Turístico do Goberno Estatal e o maior experto nesta materia que hai en España.

    Monumento ao percebe

    Ao fío desta escultura, Pisos anunciou a apertura dun concurso  dirixido a erixir o ano que vén na localidade de Aguiño un monumento en homenaxe ao percebe e aos percebeiros. O certame está dirixido aos artistas nados ou residentes nos concellos de Arousa Norte. Un xurado composto por representantes do mundo das belas artes, do Concello e da Confraría serán os encargados de dirimir que proxecto será o que se materialice. O escultor obterá como premio a execución da obra por un importe de ata 18.000 euros. O prazo para presentar ideas comezará precisamente nas festas deste ano a partir dunhas bases que moi pronto se darán a coñecer.

    Polo que se refire ao domingo 27 de xullo, a programación arrancará ás 12.30 horas con pregón inaugural a cargo de Domènec Biosca e a apertura das portas da lonxa, onde, esta vez si, o percebe será o gran protagonista. Tamén será posible consumir outros pratos típicos, ademais de todo tipo de bebidas, incluíndo cocktails mariñeiros.

    A festa está aberta a toda a familia e por iso haberá actividades e xogos para os nenos, ademais dun grupo de música tradicional que procurará animar a celebración. En torno ás 17 horas celebrarase unha poxa co produto sobrante na que se recreará o ambiente dunha auténtica lonxa.

    Finalmente, a concelleira de Aguiño afirmou que este é un primeiro paso para dar cada vez maior impulso a unha festa gastronómica que, na edición do ano que vén, será presentada e posicionada en distintos foros estratéxicos baixo a tutela do citado profesor Biosca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook