Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha cita festeira diferente en Sanxenxo

    Sanxenxo 2013 - As Fojeiras de Sanxenxo - cartel

    Son os gañadores da Mostra de Parodias de Pontevedra por segundo ano consecutivo. As Fojeiras de Sanxenxo, na que participan algúns compoñentes do grupo LA OCA, presenta no Auditorio de Sanxenxo as obras coas que acadaron premio (o segundo en 2011 e o primeiro en 2012 e 2013) na Mostra de Parodias de Pontevedra, ademais de noutras citas entroideiras. Mira quien canta, A operación de Loliña e Había una vez un circo son os títulos das obras que se poderán ver en na localidade pontevedresa na tarde de domingo e na que haberá actuacións musicais en directo.

    Dicir LA OCA é sinónimo de diversión e música de baile en rigoroso directo. Se che interesa esta cita diferente e que promete pasar un tempo divertido apurate en comprar as túas entradas, o aforo é limitado e prevese cheo total.

    Na tarde do domingo en Sanxenxo, parodias e moita música en directo. Diversión asegurada!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook