Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Unha cita a tres bandas en Boiro

    Boiro 2012 - II Festa da Xuventude de Escarabote - cartel Hoxe é o día sinalado pola orquestra PANORAMA para a presentación da nova temporada. O MAGIC TOUR 2012 da afamada orquestra (La Gira del Sol) bota a andar ata o próximo mes de decembro. Moitos serán os lugares que acollerán o espectáculo verbeneiro e hoxe a espectación é máxima en terras do Barbanza. Porque en Escarabote (Boiro) hoxe non vai caber unha agulla para poder gozar da primeira actuación da orquestra caldense.

    Pero por suposto o mérito non vai ser só de PANORAMA, porque a banda musical estará acompañada por outros dous peseos pesados: ACHÉ e PHILADELPHIA amenizarán tamén hoxe a II Festa da Xuventude da localidade boirense. As orquestras xa empezaron hai unhas datas as súas respectivas xiras, pero haberá cambios e novidades segundo vaia avanzando a temporada, e esta noite poderían regalarnos algún tema novo. PHILADELPHIA acaba de presentar hai uns días temas novos para o repertorio 2012 e ACHÉ está ultimando a súa xira Pa'lante pa'lante con novos temas e nova montaxe.

    Desde logo a festa está garantida e xa antes de comezar se ve que vai ser todo un éxito de asistencia.

    Publicamos o horario aproximado de actuación e dentro dunhas horas poderemos gozar da primeira festa do ano pola nosa parte. Que sexa a primeira de moitas e que poidamos gozar do maior número de orquestras posible, da súa calidade e variedade.

    De 23:00 a 00:15 ACHÉ De 00:15 a 01:45 PANORAMA De 01:45 a 03:00 PHILADELPHIA De 03:00 a 04:15 ACHÉ De 04:15 a 05:45 PANORAMA De 05:45 a 07:00 PHILADELPHIA

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook