Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un soño cumprido

    orquesta-panorama-2010-a-xira-do-xacobeo-cartel

    Hoxe hai festa na Pobra do Caramiñal. Acaban de saír das celebracións do Carme (Carme de Castelo) aínda que hai de novo festas do Carme en agosto (Carme dos Pincheiros).

    Os organizadores levaban traballando anos para cumprir o que hoxe vai pasar na Pobra, a actuación da orquestra PANORAMA. Acompañada polo grupo MASTER, a orquestra máis mediática do momento chega a terras do Barbanza co seu espectáculo A Xira do Xacobeo e algunha sorpresa no repertorio.

    PANORAMA repetirá no Barbanza nas festas do Nazareno e tamén na Santa Uxía de Ribeira, no mes de setembro, pero hoxe xa poderán os pobrenses gozar do espectáculo dunha das grandes. Conseguírono por fin.

    caldas-de-reis-carracedo-2010-san-roque-cartelAché e Olympus coinciden hoxe en Caldas de Reis

    Tamén en Carracedo (Caldas de Reis) hai festa importante. ACHÉ e OLYMPUS volven coincidir nunha actuación. Sobre as 22:30 horas empezarán as festas os amigos de ACHÉ, desde Vilanova de Arousa para dar paso á OLYMPUS de Negreira. Outra cita a ter en conta para continuar coa festa pola semana.

    a-laracha-montemaior-2010-cartelSete agrupacións musicais amenizarán as festas de Montemaior, na Laracha, ata o sábado 24

    E para rematar este pequeno aviso festeiro, en Montemaior (A Laracha) comezan as festas patronais que terán lugar ata o vindeiro sábado. Serán catro días de festa a tope en terras larachesas. Comezan hoxe con PALLADIUM e continúan o xoves ata o sábado con dúas formacións por día: ALARMA, CICLÓN... a festa está garantida en Montemaior.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook