Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un Santo Adrián sen Filadelfia

    Orquesta Filadelfia 2012Nova imaxe para a orquestra Filadelfia

    Onte, a última xornada festiva en Malpica, co motivo da Romaría de Santo Adrián do Mar, a máis famosa da zona e, se cadra, de toda a comarca, puido acabar en traxedia. Varias bisagras que cederon fixeron que a parte superior da estrutura do escenario da orquestra FILADELFIA se desplomase cando os técnicos estaban en plena montaxe. Por sorte, e isto é o principal, non hai que lamentar danos persoais pois, milagrosamente, por centímetros non alcanzou a ninguén.

    Nin que dicir ten que o accidente provocou a suspensión da actuación de FILADELFIA nas celebracións máis importantes de Malpica pois a reparación da estrutura precisaría de sete ou oito horas de traballo. Así, os veciños e visitantes quedaron sen poder gozar da súa última xornada festiva das festas de Santo Adrián do Mar, que comezaban o pasado venres coa actuación do grupo CICLÓN.

    O máis importante é non ter que dar hoxe noticias tráxicas sobre o ocorrido en Malpica, pois en canto a festas a localidade volverá a estar de celebracións na segunda quincena do mes de agosto.

    Por outro lado, a orquestra FILADELFIA acaba de presentar o seu novo afiche para a temporada 2012 e un cambio gráfico no seu nome. A pronuncia da denominación da orquestra segue a ser a mesma pero cunha grafía máis directa (e máis correcta tanto en galego coma en castelán, se temos en conta os últimos dicionarios de ambas linguas, dito sexa de paso). O cambio na grafía do nome non é máis ca iso, unha simple adaptación que en nada afecta á filosofía da orquestra, composición ou estilo. FILADELFIA segue a ser a PHILADELPHIA de sempre...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook