Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Enero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un san Roque do Monte previsivo

    Zas 2011 - Mira Romaría de San Roque do Monte - cartel

    Xa temos cartel doutra das romarías grandes do concello de Zas, o san Roque do Monte, en Mira. Será aínda en agosto pero xa podemos ofrecer o programa. Igual de previsores e traballadores que os amigos de Moraime, en Muxía, que xa presentaron o seu cartel de agosto hai un mes, os de Zas non queren ser menos e ofrécennos un programa onde destaca a actuación de dúas orquestras: NOVA IMPERIAL e ESTRELLAMAR.

    Como novidade importante hai que indicar que esta romaría cambia lixeiramente de data. Ata agora celebrouse no propio día de san Roque, caese cando caese; a partir desta edición a festividade pasa a sábado para poder congregar a un maior número de festeiros e que as famosas merendas do campo da festa se enchan de xente que en día laboral non podería ir. Esta edición será, polo tanto, o día 27 de agosto.

    Volveremos a lembrar esta festa cando estea próxima a celebrarse, pero non está mal ir facendo plans festeiros para este verán. Xa temos aquí outro, para ir facendo o calendario...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook