Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    "Un nuevo Sol" tamén na Rede

    Grupo Ciclón 2012 - captura web CICLÓN LANZA UNHA ESPECTACULAR WEB PARA SEGUIR A XIRA 2012

    Se hai poucos días dábamos a coñecer o cartel promocional do grupo CICLÓN para 2012, hoxe tócalle a nova páxina web, que, para non desentoar, segue os pasos do afiche e presenta unha imaxe espectacular.

    No novo sitio web os seguidores do afamado grupo poderán seguir todos os pasos e coñecer todos os detalles da nova xira "Un nuevo Sol" que deu comezo a pasada semana e levará o espectáculo da formación musical por todos os recantos de Galicia.

    Novas caras, ampliación do grupo ata 10 compoñentes no escenario, nova montaxe, ampliación do palco e moitos máis detalles que poderemos ir coñecendo a través da acabada de estrear nova web: grupociclon.net; poderemos saber as datas das actuacións, gozar de galerías fotográficas, coñecer as últimas noticias ou acceder a todas as redes sociais nas que CICLÓN está presente.

    A aposta forte polas redes sociais para achegarse ao público, por ofrecer un espectáculo de calidade e de diversión ten un nome propio: "Un nuevo Sol" CICLÓN 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook