Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Un grupo de cine

    grupo-dcine-2010-cartelUnha nova formación musical para as festas: o grupo D'Cine, formado por cinco integrantes e representado pola oficina Sito Mariño Espectáculos

    Acaba de nacer unha nova formación musical para as verbenas. Pero novo é só o proxecto e o nome do grupo, porque os seus integrantes son todos profesionais do sector con experiencia.

    A idea partiu do teclista do grupo, e que será o seu director musical, e da vocalista. Óscar e Verónica xa formaban un dúo que amenizaba festas e outros eventos, pero logo viron que o seu proxecto musical quedaba pequeno e decidiron dar o salto. Nace así o grupo D'CINE, con cinco compoñentes que poñerán todo o seu traballo e talento para que a formación musical acabe facéndose un oco no panorama orquestreiro actual. E a xulgar polos compoñentes do grupo, nivel non faltará na nova banda:

    ÓSCAR (teclista e director musical)

    VERÓNICA CAMBÓN (vocalista feminina)

    MICHAEL CORTEZ (vocalista masculino, procede de formacións como PHILADELPHIA, POCEIRO ou TEKILA)

    LEO (baixo e coros, procede de formacións como NOVA PALMA e MARBELLA)

    MAU (batería)

    O grupo D'CINE será representado pola oficina arzuana SITO MARIÑO ESPECTÁCULOS, a que leva no seu catálogo formacións como LOS SATÉLITES, TRÉBOL ou CAPITOL entre outras moitas.

    E aquí comeza unha nova historia, unha nova aventura chea de ilusión e de traballo duro para que D'CINE sexa un nome moi coñecido nas orquestras e grupos que amenizan as verbenas. Desde Festa a Festa queremos apoiar a este novo grupo e desexarlle moita sorte nesta nova andaina.

    E pronto a páxina web! Seguiremos informando...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook