Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Tui celebra o patrón por todo o alto

    Tui 2011 - Festas de San Telmo - cartelCartel promocional das festas de San Telmo, en Tui. América SL, Compostela, Passarela, Superfama, Manhattan, Los Trovadores, Solara ou Los Satélites entre as orquestras que actuarán ata o día 2 de maio

    Outra das localidades galegas que celebran estes días as súas festas grandes: Tui- As celebracións na honra a San Telmo comezaban onte sábado coa actuación do grupo AMÉRICA SL e multitude de actividades que continuaban hoxe e aínda mañá luns e durante toda a semana en menor cantidade. A verbena dominical estaba a cargo da orquestra COMPOSTELA.

    As actividades lúdico-festivas continuarán o próximo venres, e é que, igual que acontece en Padrón, as festas máis importantes de Tui abranguen dúas fins de semana. O San Telmo traerá a festa da man de orquestras como PASSARELA (o venres 29) SUPERFAMA, MANHATTAN (sábado 30), SOLARA, LOS TROVADORES (domingo 1 de maio) ou LOS SATÉLITES, que cerran o día 2 de maio as festas de 2011.

    Programa completo das festas de San Telmo 2011 en Tui

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook