Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Trío de ases en Panorama 2014

    Orquesta Panorama 2014 - Vanessa Sosa - cartel Vanesa Sosa súmase a Natalia Méndez e Nakary Palumbi na nova dianteira feminina da orquestra Panorama

    Impresionante a dianteira feminina contratada para a orquestra PANORAMA en 2014. Por primeira vez na historia, a formación musical terá na súa dianteira tres voces femininas, e todas elas de recoñecido prestixio na verbena galega. Se a primeira delas foi NATALIA MÉNDEZ, coñecida polo seu paso pola orquestra LOS SATÉLITES e a súa traxectoria de anos en FILADELFIA, a segunda coñecíase hai un par de semanas: NAKARY PALUMBI, despois dunha impecable temporada en JERUSALÉN.

    Cando xa moitos pensaban que se daba por cerrada a dianteira de PANORAMA para o seu SPACE TOUR 2014, onde Lito e Jorge continúan incombustibles, e en espera de coñecer algunha fichaxe que ocupase o lugar dos trapecistas que non seguirán ningún dos tres, ademais do todoterreo ALEXANDRE JURADO, agora confírmase a entrada dunha terceira voz feminina na orquestra: VANESA SOSA, procedente da orquestra CINEMA 2013, arquicoñecida cantante canaria que traballou en numerosas formacións musicais, entre elas LOS PLAYER'S, ARMONÍA SHOW ou a fugaz GRAN CANARIA.

    Nakary PalumbiNakary Palumbi fichou por Panorama hai un par de semanas, procedente da orquestra Jerusalén 2013

    Así, a formación musical pasa, en 25 anos, de non ter voz feminina nos seus comezos, a contar coa mítica DIANA CEA en solitario durante anos. Máis tarde chegou unha combinación de dúas voces durante moitas temporadas, e por PANORAMA pasaron SONIA MONTERO (hoxe en GARIBALDI), IRENE IGLESIAS (hoxe en MARBELLA LIGHTS SHOW), MAYTHE LEIVA (hoxe en OLYMPUS), LYDIA SALAR, DUNIA SANTANA e DAIRA MONZÓN. Agora, a dianteira feminina será de tres.

    O vindeiro sábado comeza unha nova etapa na orquestra PANORAMA. A formación musical aposta por grandes voces femininas e unha nova montaxe na que se está traballando desde hai un par de meses para a temporada 2014 que principia o próximo día 8 en Silleda, no pavillón número 1 e acompañada do renovado grupo pontevedrés TRIUNFO.

    Orquesta Los Satélites 2013Natalia Méndez foi a primeira fichaxe en coñecerse para a nova temporada de Panorama. Filadelfia e Los Satélites son as súas mellores bazas de cara ao público

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook