Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Triple proposta festeira en Lamas

    Boqueixón 2013 - Festas da Candelaria en Lamas - cartel

    Boqueixón continúa coas súas propostas festeiras en 2013. Despois da Festa da Filloa no centro do concello, tócalle a Lamas a súa cita anual.

    E vaia cita, con dúas orquestras de renome e unha macrosesión disco con discoteca móbil, DJ e gogós a cargo do xa famoso equipo de Radio Lider, con Marcos Magán e Manu López. O espectáculo da orquestra OLYMPUS chega esta noite a Lamas, onde estará acompañada por CAPITOL.

    A festa rematará mañá coa actuación da orquestra ALASKA en sesión vermú e verbena nocturna.

    A desaparición dalgunha festa no concello, como a da Xuventude, que se celebraba no campo de fútbol dos Fortes con tres orquestras de primeira liña, non impide que Boqueixón sexa un dos concellos máis festeiros de Galicia. Esta noite a festa toca en Lamas, a poucos quilómetros da capital galega.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook