Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Tres boas razóns para ir a Boiro

    Boiro - II Festa da Xuventude 2010 - Abanqueiro - cartel

    Os carteis anunciadores da Festa da Xuventude boirense chegan ata Padrón, aproveitando o tirón que teñen as festas da Pascua. As imaxes desta entrada foron tomadas o domingo de Pascua en distintas zonas da vila rosaliana /© fotos roxegar 2010

    Por segundo ano consecutivo, en Abanqueiro, concretamente no Campo de Exipto (Boiro), terá lugar mañá sábado a Festa da Xuventude. Quen viva en calquera lugar do Barbanza ou mesmo quen fose a Padrón ás festas da Pascua sábeo ben. Os carteis anunciadores inundan toda a comarca e chegan ata terras padronesas. Mesmo na autovía Padrón - Ribeira hai despregada unha gran pancarta anunciando a festa da fin de semana.

    As orquestras que amenizarán a II Festa da Xuventude son COSTA OESTE, OLYMPUS e PANORAMA. Esta última chega de actuar o día anterior en Aguiño (Ribeira), a poucos quilómetros.

    A partir das 22:30 as tres grandes formacións musicais ofrecerán os seus repertorios de música e espectáculo ata altas horas da madrugada. Ademais de bochinche e posto de polbo, haberá servizo de autobuses cada dúas horas desde o parque da Cachada para comodidade dos veciños e paliar un pouco o problema de aparcamento que se vai formar en Abanqueiro.

    Unha festa, a boirense, que na súa segunda edición se afianza como unha data a ter moi en conta no calendario festeiro da zona, e máxime sabendo que as orquestras para 2011 xa están reservadas: PARÍS DE NOIA, OLYMPUS e PANORAMA. Pero non adiantemos acontecementos, primeiro imos gozar da II edición da Xuventude en Abanqueiro ata que o corpo aguante.

    Boiro - II Festa da Xuventude - 2010 - Abanqueiro - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook