Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Tremoedo treme coa festa

    Vilanova de Arousa - III Festa da Xuventude de Tremoedo - cartelA terceira edición da Festa da Xuventude en Tremoedo mantén o nivel de anos anteriores con dúas formacións punteiras do momento

    Un ano máis a localidade de Tremoedo, en Vilanova de Arousa, treme coa festa preparada para a noite do venres. É a III Festa da Xuventude cun programa musical de excepción. Se a pasada cita eran as orquestras PARÍS DE NOIA e PANORAMA as encargadas de amenizar a noite, desta volta a primeira das formacións citadas estará acompañada polo grupo CLAXXON. Do melloriño do momento en orquestras e do melloriño en grupos, CLAXXON e PARÍS DE NOIA deixarán a III edición da Festa da Xuventude de Tremoedo co listón moi alto.

    A orquestra noiesa vai incorporando novidades musicais ao seu repertorio mentres CLAXXON presenta a súa nova xira 2013 na que incluso estrea escenario. Unha oportunidade de ver e gozar en Tremoedo con dúas formacións musicais punteiras no mundo verbeneiro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook