Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Trazo a ritmo de Olympus

    Trazo 2012 - Festa da Xuventude - cartelXa queda pouco para a orquestra OLYMPUS de Negreira presente oficialmente o seu novo espectáculo. Baixo o título El futuro comienza hoy, esperamos unha temporada de OLYMPUS cun repertorio moi moderno e moito espectáculo onde tamén haberá sitio, supoñemos, para os clásicos da verbena.

    Pero mentres non chega o día tamén podemos gozar desta formación musical sen ver o espectáculo do ano pasado, porque a orquestra xa ofrece novidades continuamente dentro do repertorio previo á temporada alta. E hoxe, acompañada dunha discoteca móbil, despregará todo o seu poderío en Trazo, na Festa da Xuventude, que este ano trae unha orquestra en vez de dúas, aínda que a discoteca é novidade no lugar da segunda formación musical.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook