Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Traballo con premio en Lugonorte

    Expoverbena 2013 - 02Félix Cabodevila, máximo responsable de Lugonorte de Espectáculos, entrega o premio ao representante que máis vendeu en 2012 / © Foto Roxegar Festa a Festa 2013

    Pasan horas da clausura de Expo Verbena, en Lugo. A axencia de espectáculos Lugonorte ofreceu, como xa é habitual nestas datas cada ano, a súa festa de presentación de temporada por todo o alto. Miles de persoas nas dúas xornadas achegáronse ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo para bailar con nove orquestras, un concerto de Lucía Pérez e mesmo a música dunha discoteca móbil. No comezo do segundo pase da segunda xornada, a xerencia de Lugonorte de Espectáculos entregaba o premio ao representante que máis vendeu na anterior temporada. Unha viaxe a Punta Cana polas cifras de negocia acadadas en 2012. En 2013 haberá outro premio, desta vez a viaxe será a Las Vegas e recaerá no representante que máis venda nesta temporada que, oficialmente, xa comeza. O premio foi entregado pola dirección da axencia, Féliz Cabodevila e Flor Gasalla. A festa continuou durante horas para rematar coa agrupación musical asturiana, ÉLITE, e a música da discoteca móbil.

    Expoverbena 2013 - 03Un momento da actuación da orquestra Emperadores no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo / © Foto Roxegar Festa a Festa 2013

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook