Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 20
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Toda Barbanza segue de festa

    París de Noia - 2010 - 00041 - Aguiño (Ribeira)París de Noia actuará na súa vila nas festas de San Bartolomeu. Panorama, Miguel Bosé ou a orquestra Jerusalén tamén pasarán pola vila noiesa / © fotos: roxegar 2010

    Festas de San Bartolomeu en Noia, Carme dos Pincheiros na Pobra do Caramiñal, festa do mexillón en Cabo de Cruz (Boiro), feira mariñeira en Ribeira, festas patronais en Dodro, etc... a comarca do Barbanza segue a ofrecernos un calendario festeiro de excepción.

    O lado máis cultural, en Ribeira, coa Feira mariñeira que terá lugar ata o domingo. Multitude de actividades lúdicas e festivas que teñen que ver co mundo do mar, como capital mariñeira que é a Centenaria.

    ribeira-feira-marineira-2010-cartel

    En Noia, seis días de celebración con algunhas das mellores orquestras e concertos que comezan esta noite coa actuación de LEDICIA ESPECTÁCULO.

    Na Pobra do Caramiñal, o Carme dos Pincheiros bota hoxe a andar coa actuación de ODEÓN e a orquestra OLYMPUS. Ata o luns, día de cerre coa batalla naval e a actuación da orquestra LOS ESPAÑOLES.

    Orquesta Olympus - 2010 - 0085 - RibeiraA Olympus abre hoxe con Odeón as festas do Carme dos Pincheiros na Pobra / © fotos: roxegar 2010

    En Castiñeiras (Ribeira) tamén haberá festas mañá sábado e o domingo, con tres orquestras e unha sesión de fogos artificiais para cerrar as celebracións.

    ribeira-2010-castineiras-cartel

    En Cabo de Cruz (Boiro) andan tamén dunha noutra. Despois das de San Xoán e sobre todo as do Carme, que son as máis soadas, chega agora a Festa do Mexillón onde se poderá degustar un producto típico, un producto do mar, un producto que nos identifica máis aló das nosas fronteiras.

    A exaltación terá lugar mañá sábado e o domingo. A primeira xornada desta festa, o mestre Uxío Labarta ofrécenos unha conferencia sobre o mexillón titulada Mexillón: bateeiros e vento. De cara ás 11 da mañá haberá rutas marítimas pola ría a cargo da empresa Caminando por el mar. Logo, ás 12, o mago Tanito fará uns trucos de maxia para os máis curiosos que se queiran achegar, pero non será ata a unha da tarde cando se comezarán a servir as racións do producto da festa polo prezo dun euro.

    Pola tarde, a iso das cinco faránse dúas paellas xigantes e para os máis pequenos haberá festa da escuma, colchonetas e espectáculos de animación infantil. Ás 20.00 horas do día comezará o típico concurso de elaboración de pratos e receitas que teñan o mexillón como ingrediente base. A continuación nova actuación de maxia.

    A degustación das paellas feitas á tarde será ás dez da noite ao prezo de 1 € por ración, pero tamén se volverán a servir mexillóns para todos. Os grupos REFLEJOS e MAR DA VILA serán os encargados de amenizar a verbena.

    O domingo remata a festa coa degustación do mexillón e a actuación da Banda de Música de Boiro. Tamén haberá un roteiro do mexillón por distintos locais da vila.

    En Dodro tamén estarán de festa durante uns días. Destacamos a actuación de LOS PLAYER'S o próximo luns, e da orquestra GRAN CANARIA co grupo ASSIA o martes. Tres nomes a ter moi en conta para as celebracións. A orquestra liderada por Gerson Galván ofrece un repertorio moi completo con temas de baile e de exhibición vocal. GRAN CANARIA cos seus ritmos salseiros e ASSIA cun repertorio pouco usual nas verbenas e moi elegante e con clase ofrecerán unha noite de festa con distinción. En Dodro dentro duns días.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook