Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Toda a Israel Espectáculo 2012

    Orquesta Israel Espectáculo 2012 - Foto dianteiraDianteira da orquestra Israel Espectáculo. De esquerda a dereita: Tamara Naje, Tania Iglesias, Noelia Solleiro, David Carrasco e Julman Flores

    É unha das grandes apostas da oficina Sito Mariño Espectáculos para 2012. A axencia resucita para este ano un dos grandes nomes da verbena en Galicia; a orquestra ISRAEL sae en marzo para chegar a todos os campos da festa e locais cun potente espectáculo e un completo repertorio que non nos vai deixar indiferentes.

    Para a ocasión cóntase con grandes nomes nomes da verbena galega, porque ninguén hai novo nisto. Para a refundación da orquestra quíxose contar con xente experimentada e de recoñecido prestixio na práctica totalidade dos casos. Tanto os cantantes coma os músicos levan ás súas costas unha dilatada experiencia en orquestras de todo tipo. Así, a dianteira é exemplo disto: JULMAN FLORES, DAVID CARRASCO, NOELIA SOLLEIRO, TAMARA NAJE e TANIA IGLESIAS FEIJOO formarán parte da parte vocal.

    Pero en canto aos músicos ocorre máis do mesmo. Todos proceden dalgunha orquestra e ninguén comeza aquí o arduo traballo, moitas veces, de formar parte dunha formación musical destas características.

    ISRAEL ESPECTÁCULO dábase a coñecer na pasada noitevella na TVG e días despois nun programa de semana (A SOLAINA). Agora prepárase para saír ao grande no mes de marzo. Pouco queda xa para poder contar de novo con esta grande orquestra nas nosas festas.

    ORQUESTRA ISRAEL ESPECTÁCULO 2012

    David Carrasco (voz) procedente de AMÉRICA SL

    Elio Eduardo Kindelan (saxo) procedente de COMPOSTELA

    Gabriel (guitarra)

    Ion Jelihovschi, (trombón) procedente de PRINCIPAL

    Julio César García “Julito” (saxo) procedente de GALILEA

    Julman Flores (voz) procedente de TRÉBOL

    Lino (teclados) procedente de ACHÉ

    Manfrido Juan Pérez (trompeta) procede de COMPOSTELA

    Marrón (trompeta) procedente de MARBELLA)

    Noelia Solleiro (voz) procedente de MARBELLA

    Pablo Espido (batería)

    Ponce (saxo) procedente de MARBELLA

    Tamara Naje (voz) procedente de GALILEA

    Tania Iglesias (voz) procedente de LEDICIA 2010

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook