Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Substitución temporal de Alexandre Jurado en Panorama

    Orquesta Panorama - 2010 - 0110 - Guillán (Vilagarcía)Alexandre Jurado, percusionista da orquestra Panorama / © Fotos: roxegar 2010 e 2011

    Os nosos amigos de www.orquestas.tk publican unha información que nós tamén tiñamos confirmada de onte sábado: a substitución temporal de Alexandre Jurado, percusionista da orquestra PANORAMA.

    Hai un par de semanas o percusionista e showman da orquestra PANORAMA sufría unha lesión durante unha actuación e tiña que ser operado de urxencia. O éxito da intervención non quita que o músico teña que estar separado do escenario durante unha temporada, polo que a dirección da orquestra optou por buscar substituto para a percusión: Gretchen Pineda, da orquestra GALILEA, será a substituta de Alexandre Jurado ata que este se poida reincorporar ao traballo. Ademais, a formación musical presentará en breve a outro profesional para poder ocupar o lugar de Jurado no espectáculo da orquestra e que este non se vexa afectado pola falta do percusionista.

    Alexandre Jurado atópase ben e pronto volverá a dalo todo no escenario da orquestra PANORAMA. Desde aquí mandámoslle todo o noso ánimo!

    Panorama 2011 - IV Gala contra o cancro - 010

    Orquesta Panorama - 2010 - 0052 - Dena

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook