Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Noviembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Stephany, de Suavecito a Trébol

    orquesta-trebol-2010-cartelO cartel de 2010 da orquestra Trébol sufrirá dous únicos cambios para a nova temporada

    Hoxe informamos de dous cambios na orquestra TRÉBOL de cara á nova temporada 2011. A formación musical dirixida por Javier Bardanca manterá o cadro de músicos e cantantes coa excepción de dous únicos cambios. Por unha banda á batería estará Iván Veiga, procedente da orquestra EMBAJADORES, pola outra, estreará nova voz; trátase de Stephany, cantante nacida en Venezuela que este ano estivo nas filas da orquestra SUAVECITO.

    Con esta fichaxe a SUAVECITO presentará en breve os cambios na orquestra que afectarán, polo menos, ás voces femininas. Se a ex SUAVECITO que entrou en 2009 procedente de ABANICO ficha agora pola TRÉBOL, a outra voz, Tamara Naje, está xa asegurada para empezar en breve a nova xira de GALILEA.

    En canto á TRÉBOL, a orquestra está xa preparando a próxima temporada coas novas incorporacións e modificacións no repertorio. Poucos cambios nas filas, como nos ten afeitos a veterana formación musical da que en breve publicaremos a galería fotográfica e de vídeos da pasada xira 2010.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook