Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Enero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Solara renova a imaxe para 2012

    Solara 2012 - orquestra - cartelNova imaxe para a orquestra Solara

    A orquestra grovense SOLARA presenta nova imaxe de cara á nova temporada 2012 na que, probablemente, o máis destacado sexa a incorporación da nova voz masculina IVÁN RODRÍGUEZ, procedente de SUPERFAMA.

    A axencia de marketing MUSIC VANOG foi a encargada da elaboración do novo cartel da formación musical en ruta desde 1978. O novo afiche presenta unha imaxe moi colorista para unha orquestra que se caracteriza pola música de baile en rigoroso directo e unha montaxe sobre un escenario de última xeración e con todos os avances en iluminación e robótica.

    Desde O Grove, a orquestra SOLARA está disposta a asinar outros trinta e tantos anos máis nos campos de festa, por iso podemos falar dunha formación musical que, lonxe de quedar anticuada, se soubo ir renovando co paso dos anos tanto no aspecto musical como no técnico. Agora afronta unha nova temporada na que promete seguir ofrecendo a mellor música de verbena.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook