Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sergio Dalma abre na Coruña unhas festas en rebaixas

    A Coruña 2011 - Festas María Pita - cartel

    Nada salientable de novidade no programa das festas de María Pita 2011. Se o ano pasado era BISBAL o que abría as celebracións, este ano faino SERGIO DALMA en María Pita. O resto de actividades son, punto por punto, as de sempre. O orzamento das festas é de aproximadamente un millón de uros, cifra que pode parecer escandalosa mais non o é se temos en conta que son 30 días de festas. En moitas localidades que gastan menos, a proporción de gasto é maior por seren menos días: Festas da Peregrina en Pontevedra ou Festas do Verán en Ribeira entre outras moitas.

    O programa de actividades programadas arrancaba esta mañá coa inauguración da Feria do Libro da Coruña nos xardíns de Méndez Núñez. A afamada feira literaria chega á súa edición XL.

    Completan o programa de festas o Certame de Casas Rexionais, a Feira de Artesanía Mostrart, a Feira dos Continentes, xunto co Festival de Habaneras, o de Manicómicos, a Feira Taurina ou o XXII Rally Teresa Herrera.

    O Salón do Cómic inaugurarase o día 8 e o Noroeste Pop Rock terá como escenario a praia de Riazor entre o 10 e o 12 de agosto. Este ano realizaranse tres xornadas de concertos e non dúas, como estaba previsto inicialmente. Ademais dos grupos locais que gañen o concurso do Noroeste Pop Rock, participarán EL PESCAO, LOS SUAVES, MALDITA NEREA e FUNANBULISTA.

    Nos concertos, destacan as actuacións de LUZ CASAL (15 de agosto); DI ELAS, con Luís Tosar de vocalista (17 de agosto); BROTHERS IN BAND (20 de agosto); ou MERCEDES PEÓN (4 de agosto), entre outros. Tamén haberá recitais da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e a Aula de Jazz.

    Completan as festas outros actos como a Batalla Pirotécnica o 13 de agosto, coa actuación de dúas orquestras en dous puntos do Paseo Marítimo, ou a Romaría de Santa Margarida os días 27 e 28 de agosto, donde se celebrará, además do habitual concurso de empanadas, un festival de música electrónica e unha verbena con sesión de fogos de artificio. A orquestra convidada este ano é a padronesa CHARLESTON BIG BAND.

    E en canto ás verbenas polos barrios, temos que falar das seguintes actuacións: No barrio do Castrillón a orquestra FANIA BLANCO SHOW (5 de agosto); as dúas formacións musicais que tocarán no Paseo Marítimo o día da Batalla Naval (13 de agosto) son TV NORDÉS e EL COMBO DOMINICANO. Nos Mallos o día 17 farao a orquestra SUPER STAR e un día despois, en Eirís a FOLIADA. O día 26 na "pista verde" da Sagrada Familia actuará a orquestra coruñesa CENIZA. A CHARLESTON cerra as festas no parque de Santa Margarida.

    Desde Festa a Festa sumámonos, un ano máis, a aqueles que consideran que mellor sería facer unha semana grande chea de espectáculos, música e todo tipo de actividades festivas no canto de alongar un programa durante un mes. Non sería mellor facer un tipo de festas como, por exemplo as pontevedresas da Peregrina ou o San Froilán de Lugo (recinto de atraccións incluído, que axudaría a sufragar os festexos), con concertos e verbenas a diario durante 10 ou 12 días?

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook