Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sen eles non hai espectáculo

    Orquesta Olympus 2012 - Montadores - 15Equipo técnico da orquestra Olympus de Negreira / © Foto: roxegar 2012

    Hoxe tiñamos programada unha galería de fotos da V Gala contra o cancro da orquestra PANORAMA, pero será mellor empezar polo principio, por abaixo, pola base de todo espectáculo: os equipos técnicos de montaxe. Peza imprescindible en calquera grupo ou orquestra hoxe, porque sen eles simplemente non habería actuación, verbena, festa. Con grandes ou pequenos escenarios, os montadores son hoxe o piar das orquestras e moitas veces non se valora o seu traballo. Hoxe queremos rendirlles unha humilde homenaxe en forma de fotos. Son os montadores de OLYMPUS pero pode ser extensivo a practicamente todas as orquestras e grupos de verbena.

    Ademais, para os seguidores de OLYMPUS serán unhas fotos especiais, pois foron tiradas en Padrón, nas festas da Pascua, último día no que se montou o escenario coa montaxe completa da anterior xira. A seguinte vez que se montou o escenario xa non tiña moitas das plataformas e artiluxios ata chegar á primeira fin de semana de maio onde a orquestra estreou xa a nova montaxe da xira El futuro comienza hoy, cun escenario moito máis espectacular aínda.

    Pero o dito, sobre todo queremos que esta galería sexa un recoñecemento a todos e cada un dos montadores das orquestras e formacións que traballan a diario para ofrecernos un tempo de diversión. Porque sen eles non hay futuro, nin sequera presente.

    Para acceder á galería de fotos podes facelo mediante o seguinte slide ou clicando arriba na foto dos montadores de OLYMPUS. Agradecemento: Equipo técnico orquestra OLYMPUS.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook