Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Seis formacións musicais para 'Caldas Xoven'

    Caldas 2014 - Caldas Xoven - cartelPrograma para a celebración 'Caldas Xoven'

    Caldas de Reis afianza a celebración 'Caldas Xoven' con máis días de festa e orquestras

    Será porque a pasada edición con dous días de celebración e cinco orquestras e grupos foi todo un éxito, que este ano a festa 'Caldas Xoven' medra en días e orquestras. A localidade pontevedresa de Caldas de Reis ten todo preparado para a celebración da cita festeira. Durante esta fin de semana en Caldas poderase bailar moito e gozar dos espectáculos das formacións musicais. Hai variedade; pois son seis bandas para tres días de verbenas.

    A noite grande, venres, estará amenizada por tres orquestras de recoñecido prestixio: PANORAMA, PANORAMA e PONTEVEFRA, as "tres pés" da axencia de espectáculos Lito, asentada na poboación caldense, serán as encargadas de levar a festa ata altas horas da madrugada. O sábado será a orquestra GRAN PARADA acompañada do grupo ALKAR quen amenizará a noite, e o domingo cerran os amigos do grupo SAMBA. Cabe salientar que a orquestra PONTEVEDRA e o grupo ALKAR xa actuaron na primeira edición destas festas.

    Tamén haberá outras actividades lúdicas, como unha comida de amizade na carballeira de Caldas (tiques á venda nos distintos establecementos de Caldas ou na Comisión de festas) e actuación da charanga OT, entre outras actividades, e a celebración do Día do Neno, o luns, con prezos populares nas atraccións instaladas para a ocasión, que desta volta cambia o recinto para A Tafona polas obras que se están a levar a cabo na alameda.

    Sen dúbida unha das fins de semana máis intensas do ano en Caldas de Reis, como adianto primaveral ás festas patronais de agosto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook