Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Seis días de festa en Balaídos

    Vigo 2013 - Festa da Xuventude de Balaídos - cartel Un ano máis por estas datas a barriada viguesa de Balaídos vístese de festa. O entorno do estadio do Celta énchese de atraccións para pequenos e grandes e durante seis días a diversión está asegurada nesta parte da cidade. Serán cinco os días nos que haberá verbena nocturna, con algunhas das consideradas mellores orquestras do momento, e o día 17, xa sen actuación verbeneira, terá lugar o Día do neno, con prezos populares nas atraccións de feira.

    As dúas primeiras xornadas festivas serán amenizadas por dúas orquestras, os tres días restantes contarán con OLYMPUS con Burlesque, PARÍS DE NOIA e PANORAMA para cerrar cartel o día 16 co seu espectáculo Remember Tour 2013. As primeiras que "saltarán ao campo festeiro" serán CAPITOL e MARBELLA (abrindo as festas o venres 12), ACHÉ e o grupo CICLÓN (na noite do sábado).

    Xunto co Cristo de Bouzas e as festas da Consolación de Coia, as de Balaídos son unhas das festas máis afianzadas na cidade de Vigo, unha das urbes galegas que máis conserva os seus festexos populares nos distintos barrios. Durante seis días a festa instálase en Vigo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook