Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Á segunda vai a vencida: chega a Olympus ao Castro

    Olympus 2014 - orquesta - cartel

    Contratempos por culpa das medidas impediron que a orquestra OLYMPUS de Negreira abrise as festas do Castro, en Mos, onde compartiría cartel con BRUJAS na primeira xornada festiva de venres. Non faltaron os intentos e esforzos en balde para que a nomeada orquestra puidese meter os seus tráilers no campo da festa e ante este contratempo houbo que facer un cambio de orquestra para o primeiro día das festas. QUINTA AVENIDA, a agrupación que estaba contratada para o domingo, fíxose cargo da actuación do venres e as orquestras do sábado, GRAN ATLANTA e ISMAEL, permaneceron inmóbiles no cartel.

    Finalmente optouse porque O Castro puidese gozar da afamada orquestra, e para iso decidiuse que a banda actuará nos exteriores do pazo do Castro, cerrando o domingo as celebracións, aínda que non o fará no seu escenario polas razóns expostas. Non se optou por cambiar de lugar a actuación para non prexudicar os negocios montados para as festas. Aínda así, será posible gozar da orquestra OLYMPUS aínda que, sen dúbida, será unha actuación diferente.

    A orquestra de Negreira acaba de presentar o seu novo espectáculo Ahora Tú!, no que os responsables traballan arreo para deixalo perfectamente rematado para a temporada alta das festas que xa está aquí.

    O domingo a festa está no Castro, Mos, con OLYMPUS.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook