Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Segunda edición da Festa da Xente Nova en Cambre

    Cambre_2012_-_II_Festa_da_Xente_Nova_-_cartelPor segundo ano consecutivo a vila de Cambre celebra a súa Festa da Xente Nova

    Por segundo ano consecutivo no corazón de Cambre volve a haber festas por esta data. Xa antigamente polo San Antón había festas en Cambre, aínda que estas se perderon xunto co San Cristovo e quedaron só as patronais de agosto. Pero parece que as festas de Santa María (de gran sona en toda a comarca e que este ano traerán importantes novidades) volverán a compartir fama con outras celebracións na capital do concello, porque a Festa da Xente Nova xa vai pola súa segunda edición e con trazas de afianzarse no calendario.

    As orquestras deste ano serán LA BÁMBOLA, acompañada doutro grupo musical, e MANILA, que actuarán hoxe venres e mañá sábado respectivamente.

    Á parte da música, a festa trae churrascada e xogos populares para os máis pequenos da casa. Tamén haberá un sorteo na noite de mañá, para cerrar as festas.

    La Bámbola 2012 - orquesta - cartelA orquestra La Bámbola chega desde Vilagarcía de Arousa para amenizar a II Festa da Xente Nova de Cambre

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook