Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Seguimos informando sobre accidentes na verbena galega

    Por desgraza o día de hoxe tornábase negro a primeiras horas da mañá. Por un lado continuaba sen aparecer o chófer dun dos tráileres de CHARLESTON BIG BAND, por outro, o escenario móbil da orquestra COLISSEUM sufría un aparatoso accidente. Por sorte, ao final saíu o sol e aparecía o condutor da orquestra padronesa, san e salvo, así como o tráiler de apoio que conducía onte co material. En canto ao accidente do escenario móbil de COLISSEUM (compartido coa macro discoteca NASIRA), que sucedía onte na localidade de Guardo (Palencia), aínda que hai que falar de cuantiosos danos materiais, o condutor saía ileso do grave percance, polo que non hai que lamentar danos persoais.

    O accidente de COLISSEUM súmase aos últimos de TRIUNFO e LIMÓN, onde finalmente só houbo que lamentar danos materiais en todos eles. O grupo LIMÓN reaparecía o venres pasado co seu escenario acondicionado de novo para seguir coa súa programación de actuacións. TRIUNFO continúa tamén co seu calendario.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook