Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Sanguiñeda rebenta en festas

    Mos 2012 - Festa da Xuventude en Sanguiñeda-Piñeiro - cartelA parroquia de Sanguiñeda está esta fin de semana de festas. Un completo programa festivo para celebrar a Festa da Xuventude. A orquestra OLYMPUS, que aproveitará para ofrecer a súa segunda cita desta temporada cos seus seguidores e o grupo SAMBA serán os primeiros en subir ao escenario en Mos.

    Para a segunda xornada as orquestras MARBELLA e ALARMA serán as encargadas de ofrecer unha noite chea de festa e boa música.

    Para a última xornada festiva, na que se celebrará a exaltación gastronómica do porco ao espeto, será a orquestra COSTA BLANCA a encargada de poñer o punto final ás festas deste ano. No verán volverá a haber festas en Sanguiñeda, as patronais dentro dun par de meses.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook