Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Xurxo trae a festa a Galicia

    Camariñas 2014 - Festas de San Xurxo - cartel San Xurxo ou San Xorxe é unha das festividades máis importantes deste mes en Galicia. Ademais de ser o Día do Libro, o 23 de abril marca o comezo de moitas celebracións pola nosa terra. Aquí tes unha pequena mostra dos eventos preparados para estes días de festa:

    A ESTRADA: En San Xurxo de Vea o sábado 26 actúan TRIUNFO e MILLENIUM.

    CAMARIÑAS: Nesta vila mariñeira o día grande segue a ser o 23, caia cando caia no calendario. A festa estará amenizada por CINEMA e ACHÉ. Actuarán ata o domingo outras orquestras e grupos de renome en Galicia (ver cartel de cabeceira).

    Castroverde 2014 - Festas de San Xurxo en Rebordaos

    CASTROVERDE: En Rebordaos, festas de San Xurxo con COSTA DORADA na noite do venres e a actuación das orquestras TROVADORES e TRÉBOL no sábado. PALAS DE REI: En Augasantas teñen preparado un cartel de varios días de festa: FILADELFIA e DAVID EXPÓSITO actúan o venres; VENEZIA e GRAN PARADA o sábado; cerran as festas FANIA BLANCO SHOW e PANORAMA o domingo. PONTEAREAS: Na vila de Ponteareas actuarán o próximo venres 25 NEVADA e o grupo D'MODA. RIBEIRA DE PIQUÍN: O grupo lucense ASIRIA actuará o sábado nas festas de San Xurxo. Palas de Rei 2014 - Festas de San Xirxe en Augasantas - cartel SALCEDA DE CASELAS: Festas de San Xurxo con NOCHE DE LUNA e a orquestra TAMBO, que comeza temporada, a noite do sábado. TEO: En Bamonde actúa o grupo compostelán CICLÓN e a orquestra CHICAS SHOW na noite do sábado. VILALBA: En Rioaveso actúan FANIA BLANCO SHOW e PARÍS DE NOIA o sábado, e a orquestra XENTE NOVA cerra o domingo as celebracións.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook