Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Xurxo de Vea vai polo terceiro asalto

    A Estrada 2013 - Festival Folk de San Xurxo de Vea - cartel

    A localidade estradense de San Xurxo de Vea celebra este vindeiro venres 31 a terceira edición do seu festival folk; unha cita que vai camiño de consolidarse plenamente no calendario festivo galego. Desta volta serán catro reputados grupos folk da zona (Cuntis, Callobre, Teo ou Ouzande) os que poñerán música a este evento que vai cada ano a máis.

    Nestes tempos tan difíciles para as comisións e organizadores de festas, festivais e eventos festivos é de xustiza animar desde as plataformas que nos dedicamos a publicitar as festas, e agradecer o enorme traballo desinteresado de toda a xente que está detrás de cada festa en Galicia. Aos amigos da Estrada, como non, tamén, animalos a continuar coa organización de este festival para situalo ao nivel das grandes citas do folk galego. Vai por bo camiño!

    O RECOBÍO DE VAAMONDE, RETROUSO, REGATO DE MATAMULLERES e ESTOFADOS EN SALSA serán os grupos encargados de amenizar unha tarde-noite en terras estradenses este vindeiro venres. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook