Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Xosé e San Bieito de Inverno traen a festa a Galicia

    Orquesta Panorama 2014 - 001 - SilledaA orquestra Panorama abre as festas de San Xosé nas Gándaras (Lugo)

    As festas de San Xosé que non se celebraron no seu día propio ao caer no medio da semana, ou que non se adiantaron á fin de semana pasada, celébranse durante esta fin de semana, recortadas moitas delas en días ou en orzamento. Con todo, podemos atopar oportunidades para ver algunhas das orquestras máis recoñecidas a día de hoxe en Galicia. Así, a orquestra PANORAMA abre o San Xosé das Gandarás (Lugo) acompañada por un DJ. Mañá actuarán as orquestras BREIXA BAND e SINTONÍA DE VIGO, e VENEZIA será a encargada de cerrar o domingo as celebracións.

    En Abellá (Frades) CICLÓN e CINEMA actúan esta noite no San Xosé e nas festas da Xuventude, celebracións xa moi consolidadas no calendario verbeneiro, igual que en Teixeiro (Curtis), onde actúa a orquestra ACHÉ, aínda que non son as festas máis importantes da vila. En Cartelle (Ourense) actúa o grupo pontevedrés TRIUNFO acompañado pola orquestra da TV NORDÉS.

    Cartelle 2014 - Festas de San Bieito de Inverno - cartel

    Mañá, no San Xosé de Dena (Meaño), unha das celebracións que foi perdendo días nestas últimas edicións, actuarán as orquestras LOS TROVADORES e LOS SATÉLITES, mentres que no concello da Pastoriza, en Reigosa, será a orquestra TRÉBOL a encargada de amenizar a verbena. En Bastavales (Brión), estará mañá actuando outra das clásicas e bailongas, a COMPOSTELA.

    En Brión, pero esta vez no de Rianxo, teñen mañá unha xornada festiva amenizada por dúas grandes orquestras: PONTEVEDRA e GRAN PARADA, que actúa na casa e o domingo o fará en Friol na Festa do Queixo e Pan de Ousá, e nas Callazas (Melide), poderán gozar da orquestra POCEIRO BIG BAND e, o domingo, de SUPERFAMA.

    Tamén haberá verbenas en Ordes, xa que en Mesón do Vento celebran a Festa do Lacón con Grelos, e nalgúns outros lugares de Galicia que podes consultar na nosa AXENDA de Festa a Festa.

    Ordes 2014 - Festa do Lacón con grelos en Mesón do Vento - cartel

    Boa festa a tod@s!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook