Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    San Paio compite co San Xoán

    A Estrada 2012 - Festas de San Paio - cartelCartel promocional das festas patronais da Estrada

    Sempre se dixo "despois do San Xoán chega o San Paio", pero este ano as celebracións son case paralelas debido a que o propio día de San xoán cadra a domingo. Desde o venres as poboacións que celebran este santo están de festas e ofrecen o mellor dos seus programas, pero desta volta teñen un serio competidor, porque as festas de San Paio, polo menos na Estrada, comezaron tamén ese mesmo día.

    Con concerto a cargo de varias bandas deu comezo o programa estradense para celebrar o patrón. E onte, ademais das fogueiras do San Xoán o San Paio continuou co seu programa coa celebración dunha Noite latina a cargo de varias bandas. O programa verbeneiro comeza hoxe e ofrecerá a actuación de varias orquestras ata o próximo mércores, e orquestras de todos os estilos e de varias axencias.

    Grupo Assia 2011- 024 - Santa Cruz de Rivadulla (Vedra)O grupo Assia estará con Aché na verbena do luns na Estrada / © Fotos roxegar 2011

    [Para ver máis fotos de Assia podes clicar na imaxe]

    Porque se nalgúns lugares hai problemas para poder contratar orquestras de diferentes axencias, non é o caso da Estrada, onde poderemos ver na mesma noite a SINTONÍA DE VIGO e SOLARA (hoxe domingo) ou ASSIA e ACHÉ (mañá luns). O martes estará reservado para a actuación  das orquestras ABANICO e PALLADIUM e ademais haberá sitio, tamén, para gozar dun concerto de primeira liña. Chegan á localidade estradense os DIRE STRAITS galegos: BROTHERS IN BAND ofrecerá un concerto tributo a esta banda como só saben facer eles.

    Orquesta Palladium - 2010 - 048 - VilalongaA orquestra Palladium chegará á Estrada o martes xunto con Abanico. Esa noite tamén terá lugar o concerto de Brothers in Band / © Fotos roxegar 2011

    [Para ver máis fotos de Palladium podes clicar na imaxe]

    E para rematar, o mércores chegan ao San Paio dúas orquestras de baile de primeirísima liña: GALILEA e LOS SATÉLITES poñerán o punto final ás festas máis importantes da Estrada.

    Todo este programa musical vén acompañado de moitas outras actividades que podes consultar no programa oficial. Feliz San Paio 2012!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook